del 12/11/2011 al 13/11/2011
Manzaneda -
Manzaneda (Ourense)
FESTIVALES
Presentamos a III edición do festival A Rebusca,unha iniciativa da A.C. A Rebusca, que dende 2009 ven celebrando este evento ,co fin de achegar a cultura ,e dinamizar unha das zonas mais desfavorecidas do noso pais.
A III edición contará con numerosas actividades , concertos,pasarruas,novo circo,obradoiros.....
O festival é totalmente gratuíto,e celébrase na vila de Manzaneda (Ourense) o día 12 de Novembro.
As actividades celebraranse nunha carpa climatizada con capacidade para 1000 persoas , e nas instalacións do polideportivo municipal.
O festival contará con todos os servizos necesarios para o seu bo funcionamento: baños públicos, zona habilitada para dormir no polideportivo, parking, zona autocaravanas, comida, bar.....
Dende A Rebusca animamos a todos a participar e desfrutar das actividades ,e das estupendas xentes e paisaxes
do pais do bibei.
11:00H OBRADOIRO PRA APRENDER XOGAR Ó FUTEBOL-CHAPA. INSCIPCIÓNS
11:30H ABERTO GALEGO DE FUTEBOL-CHAPA. CLASIFICACIÓNS.
12:30H PRESENTACIÓN DA LNB E A FEDERACIÓN GALEGA DE FUTEBOL-CHAPA.
13:00H ZURRUMALLA (CONCERTO)
15.00H MOSTRA ARTESANIA
16:00H OBRADOIRO PARA CATIVOS
16:00H OBRADOIRO FORXA
16:00H I ABERTO DE BILLARDA CONCELLO DE MANZANEDA.
17:00H SEMIFINAIS E FINAL DO ABERTO GALEGO DE FUTEBOL-CHAPA.
18:00H ASSIRCOPATAS (NOVO CIRCO)
19:00H ASSACOCIRCO (NOVO CIRCO)
20:30H KUMPANIA ALGAZARRA (PASARRÚAS)
CONCERTOS
KING MOKADI
GÜINTERVAN
KUMPANIA ALGAZARRA
Comuto.es
Twittea esta página
Publica esta página en Facebook